afroditas

Mi foto
Meira - Pastoriza - Pol, Lugo, Spain
Cuarto da ESO. Ciencias Sociais. Historia. Non vos aburriredes!:)

lunes, 21 de junio de 2010

BOMBAS ATÓMICAS EN HIROSHIMA E NAGASAKI

O conflito da II Guerra Mundial sucede entre 1939 e 1945. Débese a inestabilidade internacional e máis a política agresiva dos estados totalitarios (Alemaña, Italia e Xapón). Fórmanse dous bloques. Por un lado os Aliados ou potencias occidentais, liderados por Reino Unido e Francia e por outro as potencias do Eixe, lideradas por Alemaña e Italia. No transcurso da guerra estes dous bloques ampliáronse. A URSS e Xapón uníronse as potencias occidentais e Xapón uniuse as potencias do Eixe.


Ocorren dúas etapas. A primeira etapa dura dende 1939 ata 1942. Nesta Alemaña lanza a coñecida “guerra lóstrego” baseada en ataques masivos realizados por sorpresa. Invaden así a parte occidental de Europa. Pero Reino Unido non se rende e resiste entón ós ataques alemás. Por outra parte, nesta mesma etapa, Xapón bombardea a frota estadounidense atracada na base naval de Peal Harbour. E debido a isto, EEUU entra no conflito.

Na segunda etapa, que dura dende 1942 ata 1945, os Aliados conteñen as potencias do Eixe. Fréanos en diversos lugares e poñen en marcha grandes ofensivas. Tras isto, Hitler suicídase. Queda Xapón loitando no pacífico, pero réndese tras o bombardeo atómico realizados por EEUU en Hiroshima e Nagasaki.


Pois vamos centrándonos neste último bombardeo nomeado, tan coñecido.

EEUU decatouse en 1939 que Alemaña descubrira a fisión nuclear. Os experimentadores alemás tratarían de producir unha reacción que faría unha bomba máis destrutiva que calquera outro explosivo.

Neste mesmo ano, Albert Einstein escribe unha carta, dirixida ó presidente estadounidense, chamado Roosevelt, reclamando a súa atención sobre investigacións realizadas polos científicos E. Fermi e L. Szilard polas que o uranio podería dar lugar a nunha nova fonte de enerxía de utilización militar. Calcula que con el, poderíase chegar a elaborar unha bomba de 2000 megatóns. Ademáis, recoméndase iniciar unha investigación sobre o uso militar da enerxía atómica.


Como anteriormente contamos, en 1941 Xapón bombardea a base naval de Pearl Harbour. Este produce 2000 vítimas mortais. Entón entra EEUU na guerra e o programa atómico require a máxima prioridade.

O programa manterase en secreto co nome de Proxecto Manhattan. Neste traballan miles de enxeñeiros e científicos. Durante dous anos, estes traballaran baixo a dirección de Robert Oppenheimer en dous proxecto de bombas atómicas, unha delas baseada nos uranio e outro no plutonio.


En 1945 Alemaña réndese, como anteriormente dixemos. E queda polo tanto o Pacífico en guerra.

En xullo deste mesmo ano, Robert Oppenheimer pon en marcha un mecanismo que explotou a primeira bomba atómica. A proba coñecida como Trinity explotou unha das tres bombas nucleares do proxecto Manhattan.

Tras a morte de Roosevelt, o 12 de abril de 1945, pasa Harry Truman á dirección do Proxecto Manhattan e de EEUU.


En tres meses EEUU podería dispoñer dunha bomba atómica capaz de destruír unha cidade. Entón a decisión tería que tomala Harry Truman.


Así en marzo de 1945, a capital de Xapón é bombardeada. Este suceso marca o cambio de estratexia dos bombardeos sobre Xapón. Agora o valor estratéxico asígnaselles as cidades e zonas extensas.

Na primavera de 1945 os servizos de intelixencia estadounidenses, descifraron as claves usadas polos xaponeses e as interpretacións chegábanlle a Harry Truman. Por elas puido coñecer diversos intentos de Xapón para conseguir unha rendición negociada.

En xullo, Churchill comunícalle a Truman, a aprobación de Gran Bretaña para o uso do bomba. O obxectivo sería unha cidade apta para a guerra.


Logo o presidente Harry Truman proclámalle ó pobo xaponés a rendición total de Xapón. Este quedaría sen as súas conquistas e sen a súa soberanía, ademáis de que os dirixentes militares quedarían condenados. Pero Suzuki (xaponés) négase a esta proposta.


Entón o 3 de agosto, Truman ordena arroxar as bombas atómicas en Hiroshima, Kokura, Niigata ou Nagasaki.

Durante a II Guerra Mundial, a cidade de Hiroshima tiña unha grande importancia militar e industrial. Algúns campamentos militares atopábanse nos arredores, os cales comandaban a defensa da parte sur do país.

Esta cidade era un centro de comunicación, almacenamento e unha área de reunión.


O centro da cidade tiña varios edificios reforzados de cemento. Pero fora do centro, estaba chea de talleres de madeira, e tamén algunhas plantas industriais situadas ás aforas da cidade.


As casas eran de madeira e con pisos de tella e tamén varias edificacións industriais tiñan armazóns de madeira.

Polo tanto a maioría da cidade non estaba preparada para incendios.


A poboación de Hiroshima era sobre 381.000 persoas antes da guerra. Quedara reducida a 255.000 persoas no momento do ataque.


A cidade de Nagasaki fora un dos portos máis grandes da parte sur de Xapón e tivo grande importancia durante a guerra pola súa grande actividade industrial, incluíndo a produción de artillería, barcos, equipo militar…

A maioría das edificacións eran de tipo antigo (de madeira e de piso de azulexo).


O 6 de agosto prodúcese en Hiroshima a primeira formación de bombardeos.


Aparece sobre o ceo de esta cidade, unha luz rosada acompañada dunha trepidación monstruosa que foi seguida por un vento que varría todo cando atopaba.


As persoas quedan calcinadas por unha ola de un enorme calor. Moitas delas faleceron no acto pero outras tiradas no chan sufrían tras as enormes queimaduras do seu corpo.


Pasados uns minutos masas de xente vivas camiñaban sedentos cara o río, no cal moitos afogaron.

Media hora máis tarde comezou a chover, unha choiva de colo negro que traía o carboncillo condensado de todo material orgánico queimado e o material radioactivo da bola de fume que se levantara. Esta choiva causou moitas vítimas por anemias, convulsións e espasmos.


Creáse entón un caos enorme, un desconcerto e unha ruina totais.


O 92% das edificacións de Hiroshima foron arrasadas.


Todo o que quedaba da cidade era unha cicatriz ardente e cuberta por nubes de fume.


Tras o gran silencio que este suceso causou, moitos médicos, soldados e enfermeiros acudiron alí para axudar a esas persoas.


Naquela época descoñecíase que acercarse a zonas de explosións nucleares xerara cánceres de distintos tipos, xa que a radiación continúa durante meses. Entón moitas desas persoas que acudiron alí para axudar, tamén foron vítimas.


Os estadounidenses para xustificar este feito proclamaron varios argumentos como que Alemaña estaba desenrolando unha bomba atómica que sería usada contra os aliados se estes non adiantaran a usala contra Xapón.

Tamén din que foi como vinganza do ataque que os xaponeses produciran en Pearl Harbour.

Apóianse tamén no argumento de que Xapón non se rendería se non se lanzase unha segunda bomba nuclear en Nagasaki.

Aínda así as vítimas xeradas en Xapón tras o bombardeo atómico, foron 100 veces máis que as xeradas en Pearl Harbour (EEUU) tras o bombardeo dos xaponeses.

Os danos producidos tras o bombardeo atómicos foron inenarrables, pero na traxedia perdéronse moitas vidas humanas.


Hiroshima perde 70.000 habitantes, e nos seguintes 5 anos perde outros 70.000 habitantes debido á radiación.

En Nagasaki faleceron tamén 70.000 habitantes e miles máis, anos despois.

EEUU podía tirar a bomba antes e así as mortes serían menos. Pero espera ata máis tarde para coller a poboación en plena xornada de traballo e miles de nenos que circulan cara as escolas.


Ó día seguinte, en EEUU celebraron por todo o alto o lanzamento das bombas atómicas nesas cidade de Xapón e ata os medios de comunicación dan grazas a Deus por tirar esa bomba atómica, porque non se sabe se outra nación a podería haber usado.


E afirman que ese suceso provocou o final da guerra.


As vítimas que sobreviviron dos bombardeos recibiron o nome de hibakusha, que traducido ó español significa “persoa bombardeada”.


No 2009 o goberno xaponés recoñece a Tsutomu Yamaguchi como un dobre hibakusha, xa que sobre os dous bombardeos. O de Hiroshima xa que realiza un viaxe de negocios á cidade no momento que tiran a bomba e logo cando regresa a Nagasaki (a súa cidade natal) sofre o bombardeo atómico que tamén alí ocorre.


E por último como estrutura que quedaron en pé, cabe destacar A Cúpula de la bomba atómica, renomeada tras o bombardeo. Esta permanece en pé, a pesar de estar a 150 metros da zona central, xa que a explosión enfocou máis cara abaixo que cara os lados.




Bibliografía:


http://es.wikipedia.org/wiki/Bombardeos_at%C3%B3micos_sobre_Hiroshima_y_Nagasaki


http://www.ajzanier.com.ar/hiroshima.htm
Asd: Alba Fernández Folgueira


sábado, 19 de junio de 2010

Crise dos misís en Cuba

A crise dos misís en Cuba é como se denominou ao conflicto entre os EE.UU e a URSS en 1962, en plena Guerra Fría, cando ambos países eran as dúas super potencias mundias.

Este conflicto debeuse a que á instalación por parte da URSS de bases militares en Cuba, feito que os EE.UU consideraron perigoso para a súa seguridade.

A instalación fora descuberta polas fotografías captadas por un avión espía estadounidense. A partir do descubrimento, o presidente americano, John.F Kennedy decidiu establecer unha "cuarentena ofensiva", e dicir, un bloqueo sobre Cuba, con fin de protexer ao país ante o claro ataque soviético.
Para iso, desplegou barcos e avións de guerra que rodearon a illa.

Se neste momento da historia, os navíos soviéticos intentasen forzar o bloqueo establecido polos EE.UU, o enfrotamento directo entre ambalas dúas potencias sería inminente.

Recordemos que nunca se enfrotaran directamente, senón que controlaban a outros países enfrotados entre eles, como por exemplo Corea do Norte (apoiada pola URSS) e Corea do Sur (apoiada polos EE.UU), pero en realidade a guerra era entre as dúas potencias.

Finalmente, tras negociacións secretas, o entón presidente da URSS, Kruschev, lanza unha proposta con fin de solucionar o conflicto.
A proposta consistía en que, Rusia retiraría os misís de Cuba a cambio do compromiso dos americanos de non invadir a illa de Cuba e da retirada dos misís que tiñan en Turquía.

A proposta é aceptada polo presidente Kennedy, e no mes seguinte a URSS retira os misís e os EE.UU retira o bloqueo sobre a illa.

Tras este conflicto a coexistencia pacífica faise posible entre ambos países, pois tomaran conciencia da gravidade dos feitos e da importancia de que non se volvesen repetir.

Establécese para elo, unha liña directa entre Moscú e Washington para dialogar e evitar mal entendidos. Foi o chamado "teléfono vermello".

Pero tamén a partir deste momento Cuba convértese nun fiel aliado da URSS.

Bibliografía:





Feito por: Andrea Ledo Folgueira

martes, 15 de junio de 2010

CAMPOS DE CONCENTRACIÓN

Un campo de concentración consiste nun centro de detención para aquelas persoas contrarias a política levada a cabo nese país, para os prisioneiros de guerra, para aquelas persoas que se consideren perigosas en tempos de guerra…

Durante a Segunda Guerra Mundial construíronse numerosos campos de concentración para encerrar aos prisioneiros capturados. Sen embargo, na Alemania nazi, creáronse campos de traballo forzado e campos de exterminio. As veces pódense confundir estes dous términos, cando teñen un significado diferente: os campos de exterminio consistían en eliminar aos xudeus, eran asesinados apena ingresaban nestes campos. Entre 1942 e 1945 deu lugar ao Holocausto, pois morreron, aproximadamente, seis millóns de xudeus.

Existiron moitos campos de concentración durante toda a historia, pero temos que destacar o campo de concentración de Auschwitz.

Éste foi un complexo formado por varios campos de concentración, de experimentación médica e de exterminio. Foi construído polo réxime da Alemania nazi, durante a Segunda Guerra Mundial.
Estaba situado a 43 km ao osete de Cracovia. Foi o maior centro de exterminio da historia nazi, pois calculase que foron asesinadas 2,5 millóns de persoas, a gran mayoría eran xudeus, aínda que tamén había eslavos, prisioneiros de guerra, etc. Ademais medio millón morreu por enfermedades e fame.

Na súa porta de entrada, podemos ler o lema alemán Arbeir macht frei, que significa, o traballo faivos libres.

Este campo funcionou dende maio de 1940 até o 27 de Janeiro de 1945 cando foi liberado polo exército soviético.

Ao ser un dos lugares de maior simbolismo do Holocausto foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

A partir deste periodo da historia escribíronse libros onde se reflexa o que viviron estas persoas. Un dos máis coñecidos é O diario de Ana Frank, que nos relata como un adolescente se esconde dos nazis.

Tamén se fixeron películas relacionadas con este tema. A máis dura, a que mellor reflexa o sufrimento dos xudeus nestes campos é La zona gris, relatanos a vida dun grupo de xudeos dentro do campo de concentración de Auschwitz. Aquí deixovos o trailer da película:

Bibliografía:

http://es.wikipedia.org/wiki/Auschwitz

http://es.wikipedia.org/wiki/Campo_de_concentraci%C3%B3n

Asnd: Inés Fernández

GANDHI

Gandhi era un líder carismático que defendía a independencia. As ideas de este e de outros como Nerhu, Ho Chi Ming, Nasser, Lumumba… reforzaron as ideas nacionalistas xurdidas nas colonias tras a Segunda Guerra Mundial. Esta foi unha das causas da descolonización. Proceso de abolición dos imperios colonias que tamén supuxo o acceso á independencia das antigas colonias. Sucede entre 1945 e 1965.

Pois o personaxe Gandhi, nace o 2 de outubro de 1869 na India, cidade de Porbandar. O seu nome completo era Mohandas Karamchand Gandhi.

Este sentía gran amor polos seus pais, chamados Karamchand Gandhi (seu pai) e Putlibai (súa nai). Tamén adoraba a deusa Visnú que seguía a familia compartindo culturas: o hindú, o musulmán, o jain… Cabe destacar que o jain ia en contra da violencia de todos seres vivos, e incluso de non seres vivos.

Gandhi non foi moi brillante nos seus estudos durante a súa adolescencia.

Ós 13 anos foi obrigado por seus pais, a casar con unha moza da mesma idade ca el. Esta chamábase Kasturbai, da cal se namorou. Sinalamos que máis tarde este vai en contra dos matrimonios deste tipo, é dicir, obrigados de nenos.

No ano 1888, con 19 anos vai para Londres, enviado pola familia para progresar nos seus estudos como avogado. Alí vive 3 anos, período no que se descubre Oriente. Entrou en contacto co cristianismo e intenta sintetizar as ordes do budismo, cristianismo, islamismo e súa relixión natal.
Regresa a india co título de abogado e ó volver a súa cidade natal encontra a súa familia desfeita.

Logo unha factoría comercial musulmá ofrécelle un contrato de traballo en Durban loitando contra as leis que discriminaban os hindús, e Gandhi acepta.

Embarca entón cara Sudáfrica en 1893. No viaxe sofre diversas humillacións pola súa raza negra. Como experiencia contamos que foi golpeado por un condutor ó negarse á cederlle o asento a un pasaxeiro de pel branca. Estas discriminacións que vive fanlle poñerse en contacto cos problemas que sufrían diariamente a xente de raza negra de Sudáfrica e comeza así a preguntarse a situación social na que vivía aquela poboación.

Cando remata o contrato de traballo prepárase para regresar a India pero infórmase de que se estaba a elaborar unha lei que negaría o voto dos indios. Isto incítao a quedarse alí durante un tempo para crear peticións en contra de que se aprobase esa lei. Pero non foi capaz de conseguilo.
Funda entón o Partido Indio do Congreso de Natal e une a comunidade India en Sudáfrica.

Máis tarde Gandhi regresa a India para levar a súa esposa e os seus fillos a Sudáfrica.

Sucede logo unha guerra en Sudáfrica pero a situación dos indios non mellora.

No ano 1906 o goberno de Transvaal crea unha lei que obriga a todos os indios a rexistrarse e esta orixina unha protesta non violenta. O desafío dura un anos nos que moitos indios foron encarcelados e maltratados. Pero por último o goberno de Sudáfrica negocia unha solución con Gandhi.

Gandhi chega de novo a India como un heroe e funda unha comunidade na que estaban prohibidas as vestimentas estranxeiras, as comidas con especias e a propiedade privada. Os seus membros adicábanse unicamente á agricultura e á costura. Comeza aquí unha loita.

Gandhi apoia os esforzos bélicos de Gran Bretaña na Primeira Guerra Mundial.

Leva a cabo una folga que se propaga por cidades principais.

Posteriormente acude a Delhi e deteñeno. Cando sae do cárcere encontra na política que o Partido do Congreso se divide e a unidade entre hindús e musulmáns desaparecera.
Entón Gandhi decide retirar da política para vivir en silencio.Convértese no xefe espiritual da India.

Gandhi converte a abolición da intocabilidad nunha meta fundamental dos seus esforzos.

Distánciase dos Congreso e decide visitar os pobos insistindo na educación popular, na prohibición do alcohol e na liberación espiritual do home.

Despois de estalar a Segunda Guerra Mundial, Gandhi retorna ó plano político e oponse totalmente ó conflito armado.

Gandhi esixe a continuación a independencia da India para que o país puidera escoller libremente as súas decisión; tras Xapón tomar Rangún. E meten de novo a Gandhi no cárcere por última vez.
Cando sae libre en 1944 xa era un ancián débil.

Finalizada a guerra e tras a subida ó poder de Inglaterra, Gandhi leva a cabo unha función que leva a liberación.

Gandhi trasládase de novo a Noakhali, donde comezaran os enfrontamentos e emprende camiño de pobo en pobo tratando de deter os masacres que acompañaron en Bengala, Calcuta, Bihar, Cachemira e Delhi. Pero os seus esforzos non serviron de nada e aumentaron o odio que sentían por el a poboación de estes lugares.

O 30 de enero de 1948 morre tras ser alcanzado por unha balas que lanza un rapaz hindú. Destacamos da súa morte que as súas últimas palabras foron “¡Hey Rama!”; cuxa expresión se interpreta como signo de espiritualidade e como búsqueda da paz do seu país.

Deste personaxe destacamos frases que se escoitan o longo da historia como:
  • "Nuestra recompensa se encuentra en el esfuerzo y no en el resultado. Un esfuerzo total es una victoria completa."

  • "Ojo por ojo y todo el mundo acabará ciego"

  • "En cuanto alguien comprende que obedecer leyes injustas es contrario a su dignidad de hombre, ninguna tiranía puede dominarle"
  • "No dejes que se muera el sol sin que hayan muerto tus rencores"

  • "Puesto que yo soy imperfecto y necesito la tolerancia y la bondad de los demás, también he de tolerar los defectos del mundo hasta que pueda encontrar el secreto que me permita ponerles remedio"

  • "No hay camino para la paz, la paz es el camino"

Bibliografía:

-Libro de historia e ciencias socias (4º E.S.O)

http://www.biografiasyvidas.com/monografia/gandhi/

http://es.wikipedia.org/wiki/Mahatma_Gandhi

http://www.biografiasyvidas.com/biografia/g/gandhi.htm

Asd: Alba Fernández Folgueira

Eva Braun


Eva Braun foi a única amante e esposa legal do dictador alemán Adolf Hitler.

A súa relación comezou en 1930, cando Hitler aínda non chegara ao poder, pero xa pertencía ao partido nazi, do cal era líder. Ao comezo da relación, ela tiña 18 anos e él 41.

Hitler non se mostraba en público con ela por razóns de prestixio, pero si acudía con ela a reunións que non eran de gran importancia. Cando aparecía ao seu lado, tratabaá con desprezo e indiferencia, según narran coñecidos da parella en artigos xornalísticos.

Ela pasaba ó tempo encerrada nos apartamentos que Hitler tiña en Berlín ou Munich, por inposición do fürher alemán.

Durante as diversas batallas en Berlín, ao rematar a II Guerra Mundial, Hitler intentou convencela de que escapase de Alemaña, pero ela obstinada, decidiu quedarse en Alemaña e refuxiarse no Führerbunker (lugar subterráneo que usaron os nazis para esconderse durante a invansión dos aliados en Berlín).

En pleno bunker, estando a uns centenares de mentros dos militares rusos, Eva e Hitler decidiron casarse o 29 de Abril de 1945, un día antes de morrer.

O 30 de Abril de 1945, ás 15:30, Eva recibiu unha dose de cianuro e unha pistola, igual ca Hitler. Hitler tomou o cianuro e disparouse na cabeza, mentres Eva non chegou a dispararse, morreu polo envenenamento de cianuro.

Os seus corpos foron incinerados no mesmo bunker, a 500m do exército ruso que estaba asentado na cidade.

Dous días máis tarde deuse a seguinte noticia en Berlín “Hitler morreu loitando en Berlín".

Existen fontes fiables que afirman que os restos de ambos amantes foron levados a un cuartel na ex-RDA.

Pero existen outras fontes que afirman que Eva e Hitler tentaron fuxir de Alemaña, con destino incerto pola rede ODESSA (sistema que idearon os nazis para axudarse uns a outros a fuxir), pero os rusos, ao sentirse burlados polo escape, inventaron todo o asunto da incineración para non dar a coñecer o seu fracaso.


No libro "The lost life of Eva Braun", a autora Angela Lambert, relátanos con máis detalles e con testumuños de amigos, como foi a funesta vida da amante do dictador alemán.
Bibliografía:
Feito por: Andrea Ledo Folgueira

lunes, 31 de mayo de 2010

PARADERO DESCONOCIDO


“Paradero desconocido”, é un libro de Kressmann Taylor que se sitúa na época nazi, sobre a década dos 30.
A historia está escrita a través de cartas entre dous fortes amigos, un xudeo (Max) e un alemán (Martin), que se separan, pois Max vive en EEUU e Martin en Alemaña. A pesar disto, seguen mantendo unha amizade fraternal, incluso teñen un negocio de arte común.
Mais todo cambia radicalmente cando aparece un novo líder na terra alemana, un “salvador” para a humillación e a falta de poder que sufrían tras a Primeira Guerra Mundial. Adolf Hitler gaña as eleccións e no 1933 accede ó poder cunha nova ideoloxía.
Pouco a poco, obsérvase como as respostas e a personalidade de Martin van mudando, dende comentarlle as súas dudas sobre o novo partido matendo a esperanza nel, a glorificalo fielmente.
Max, ó primeiro, non cre todo o que oe sobre Alemaña, mais Martin dille que teñen que interrumpir a súa comunicación, pois pode ter problemas por cartearse cun xudeo e é así como acaba por darse conta do gran poder que acadou Hitler e da crueldade que aterroriza á súa raza no país.
Ó mesmo tempo, Max comproba a gran influencia do líder na personalidade de Martin, que é totalmente distinta, fálalle de xeito lonxano e semella como se fora un completo descoñecido, pero mantén a confianza en que sexa unha simple maneira de protexerse. Sen embargo, Martin confírmalle o contrario, el ten a Hitler como deificado, coma un ídolo. E así, Max promételle non volver escribirlle.
Sen outro remedio, ten que faltar á súa palabra para pedirlle axuda. Grisselle, a irmá de Max e anterior moza de Martin é actriz e foi representar a Berlín. Dende aquela, non volveu ter máis novas dela. O seu antigo amigo respóndelle e explicoulle o ocorrido. Grisselle recoñecera ante o público alemán a súa condición de xudea e foi perseguida. Pediulle refuxio na súa casa, pero el negoullo, pois comprometíao e asasinárona.
Foi tal o desprezo que ó ler iso sentiu Max cara el, que comezou a mandarlle cartas, todas relacionadas co negocio, con números, letras…pero o que de verdade quería el, era que os nazis cresen que era un código segredo. Martin rogoulle que parase, que toda a súa familia estaba sendo ameazada, mais isto non impediu que Max se detera, realmente só lle estaba a devolver o favor: non lle axudara cando el tanto o precisaba e íalle pagar da mesma maneira. Seguiu así ata que lle devolveron a última carta cun selo que poñía “Paradero desconocido”.

O libro ilustra perfectamente as características da ditadura de Hitler: o exterminio sufrido polos xudeos e as consecuencias sufridas polo simple contacto con eles, a agresividade da policía… pero tamén nos mostra a gran esperanza que os alemáns tiñan posto no novo guía para saír das dificultades políticas, económicas e acadar así esplendor e poder internacional.

Datos do libro:
• Título orixinal: Address Unknown
• Autor: Katherine Kressmann Taylor
• Editorial: Bolsillo RBA
• Ano: 1938 na revista norteamericana Story, xuño do 2007 edición de bolsillo
• Tradución: Carmen Aguilar, 2000
• Renovación: Douglas Taylor, 1966

ASND: Cris M.

BECKHAM, EL DESEADO

O museo Thyssen de Madrid acolleu entre o 20 de outubro do 2009 e o 31 de xaneiro do presente ano unha exposición sobre o erotismo na arte organizada polo propio museo máis a Caixa Madrid.

Esta mostra, formada por 121 obras (pinturas, esculturas, fotos e vídeos) recibiu o nome de “Lágrimas de Eros”, denominación que procede do libro publicado por Georges Bataille, Les Larmes d’Éros (1961), co que concluiu a súa investigación sobre o erotismo, o cal sobresalta na súa obra.

Estamos a falar da íntima relación entre Eros e Tánatos, é dicir, entre a pulsión sexual e o instinto de morte. O autor parte da idea de que o orgasmo é unha pequena anticipación da morte, aínda que este pensamento xa o viramos por exemplo en Wagner, Bernini e Miguel Ánxel…
Pois ben, a exposición garda relación con algunhas ideas de Bataille sobre o erotismo, coma a identificación do erótico co sacrifio relixioso.

Cada sala da exposición fala dun mito de Eros, tanto dos procedentes do panteón grecorromano, coma dos da Biblia, relatos que pouco a pouco foron cambiando ata incluso recibir un sentido perverso na actualidade. Éste atópase simbolizado en varias ocasións polas lágrimas, o mar, a serpe…

Pasa por varios estilos, dende o romanticismo ó simbolismo, surrealismo, contemporáneo, ademáis de retrocesos ó Renacemento e ó Barroco.

Algunhas das salas que a forman son:

* “Nacemento de Venus” con obras de Botticelli, Rodin…
* “Eva e a serpe” na que atopamos obras de Gaugin, Rousseau…
* “Esfinxes e Sereas” con trabalos de Corot, Courbet…
* “As tentacións de San Antonio” na que aparece Cézanne, Picasso…
* “O martirio de San Sebastián” con Bernini, Moreau…
* “Andrómeda encadeada” na que destacan Rubens, Millais…
* “Cleopatra ou a agonía voluptuosa” na que aparecen Hunter, Man Ray…
* “Magdalena penitente” con Canova…
* “Cazadores de cabezas” onde subraiamos a Francesco do Cairo…

Pero sen vacilación algunha, a sala estrela da exposición é “O soño de Endimión” á que pertence a gran sopresa da mostra, un vídeo do futbolista David Beckham, simulando a entrega ó sono eterno do xoven pastor de Endimión.

O filme, de 67 minutos de duración, foi gravado por Sam Taylor - Wood no ano 2004, nun hotel madrileño e xa fora exposto anteriormente en Londres, no Nacional Portrait, tamén nese ano.

A videoartista pretendía mostrar unha imaxe vulnerable de David, lonxe do aire triunfador que o rodea continuamente.
Amósanos un perfecto torso desnudo en profundo descanso. Ten lixeiros movementos como o desprazamento do brazo sobre a cabeza ou a acomodación desta na almofada.

“O soño de David”, que así se titula, deu como resultado unha mestura de beleza e erotismo.





Bibliografía:

http://www.sonsabela.blogspot.com/:





Asnd: Cris M