afroditas

Mi foto
Meira - Pastoriza - Pol, Lugo, Spain
Cuarto da ESO. Ciencias Sociais. Historia. Non vos aburriredes!:)

lunes, 31 de mayo de 2010

BECKHAM, EL DESEADO

O museo Thyssen de Madrid acolleu entre o 20 de outubro do 2009 e o 31 de xaneiro do presente ano unha exposición sobre o erotismo na arte organizada polo propio museo máis a Caixa Madrid.

Esta mostra, formada por 121 obras (pinturas, esculturas, fotos e vídeos) recibiu o nome de “Lágrimas de Eros”, denominación que procede do libro publicado por Georges Bataille, Les Larmes d’Éros (1961), co que concluiu a súa investigación sobre o erotismo, o cal sobresalta na súa obra.

Estamos a falar da íntima relación entre Eros e Tánatos, é dicir, entre a pulsión sexual e o instinto de morte. O autor parte da idea de que o orgasmo é unha pequena anticipación da morte, aínda que este pensamento xa o viramos por exemplo en Wagner, Bernini e Miguel Ánxel…
Pois ben, a exposición garda relación con algunhas ideas de Bataille sobre o erotismo, coma a identificación do erótico co sacrifio relixioso.

Cada sala da exposición fala dun mito de Eros, tanto dos procedentes do panteón grecorromano, coma dos da Biblia, relatos que pouco a pouco foron cambiando ata incluso recibir un sentido perverso na actualidade. Éste atópase simbolizado en varias ocasións polas lágrimas, o mar, a serpe…

Pasa por varios estilos, dende o romanticismo ó simbolismo, surrealismo, contemporáneo, ademáis de retrocesos ó Renacemento e ó Barroco.

Algunhas das salas que a forman son:

* “Nacemento de Venus” con obras de Botticelli, Rodin…
* “Eva e a serpe” na que atopamos obras de Gaugin, Rousseau…
* “Esfinxes e Sereas” con trabalos de Corot, Courbet…
* “As tentacións de San Antonio” na que aparece Cézanne, Picasso…
* “O martirio de San Sebastián” con Bernini, Moreau…
* “Andrómeda encadeada” na que destacan Rubens, Millais…
* “Cleopatra ou a agonía voluptuosa” na que aparecen Hunter, Man Ray…
* “Magdalena penitente” con Canova…
* “Cazadores de cabezas” onde subraiamos a Francesco do Cairo…

Pero sen vacilación algunha, a sala estrela da exposición é “O soño de Endimión” á que pertence a gran sopresa da mostra, un vídeo do futbolista David Beckham, simulando a entrega ó sono eterno do xoven pastor de Endimión.

O filme, de 67 minutos de duración, foi gravado por Sam Taylor - Wood no ano 2004, nun hotel madrileño e xa fora exposto anteriormente en Londres, no Nacional Portrait, tamén nese ano.

A videoartista pretendía mostrar unha imaxe vulnerable de David, lonxe do aire triunfador que o rodea continuamente.
Amósanos un perfecto torso desnudo en profundo descanso. Ten lixeiros movementos como o desprazamento do brazo sobre a cabeza ou a acomodación desta na almofada.

“O soño de David”, que así se titula, deu como resultado unha mestura de beleza e erotismo.





Bibliografía:

http://www.sonsabela.blogspot.com/:





Asnd: Cris M

1 comentario: