afroditas

Mi foto
Meira - Pastoriza - Pol, Lugo, Spain
Cuarto da ESO. Ciencias Sociais. Historia. Non vos aburriredes!:)

lunes, 31 de mayo de 2010

PARADERO DESCONOCIDO


“Paradero desconocido”, é un libro de Kressmann Taylor que se sitúa na época nazi, sobre a década dos 30.
A historia está escrita a través de cartas entre dous fortes amigos, un xudeo (Max) e un alemán (Martin), que se separan, pois Max vive en EEUU e Martin en Alemaña. A pesar disto, seguen mantendo unha amizade fraternal, incluso teñen un negocio de arte común.
Mais todo cambia radicalmente cando aparece un novo líder na terra alemana, un “salvador” para a humillación e a falta de poder que sufrían tras a Primeira Guerra Mundial. Adolf Hitler gaña as eleccións e no 1933 accede ó poder cunha nova ideoloxía.
Pouco a poco, obsérvase como as respostas e a personalidade de Martin van mudando, dende comentarlle as súas dudas sobre o novo partido matendo a esperanza nel, a glorificalo fielmente.
Max, ó primeiro, non cre todo o que oe sobre Alemaña, mais Martin dille que teñen que interrumpir a súa comunicación, pois pode ter problemas por cartearse cun xudeo e é así como acaba por darse conta do gran poder que acadou Hitler e da crueldade que aterroriza á súa raza no país.
Ó mesmo tempo, Max comproba a gran influencia do líder na personalidade de Martin, que é totalmente distinta, fálalle de xeito lonxano e semella como se fora un completo descoñecido, pero mantén a confianza en que sexa unha simple maneira de protexerse. Sen embargo, Martin confírmalle o contrario, el ten a Hitler como deificado, coma un ídolo. E así, Max promételle non volver escribirlle.
Sen outro remedio, ten que faltar á súa palabra para pedirlle axuda. Grisselle, a irmá de Max e anterior moza de Martin é actriz e foi representar a Berlín. Dende aquela, non volveu ter máis novas dela. O seu antigo amigo respóndelle e explicoulle o ocorrido. Grisselle recoñecera ante o público alemán a súa condición de xudea e foi perseguida. Pediulle refuxio na súa casa, pero el negoullo, pois comprometíao e asasinárona.
Foi tal o desprezo que ó ler iso sentiu Max cara el, que comezou a mandarlle cartas, todas relacionadas co negocio, con números, letras…pero o que de verdade quería el, era que os nazis cresen que era un código segredo. Martin rogoulle que parase, que toda a súa familia estaba sendo ameazada, mais isto non impediu que Max se detera, realmente só lle estaba a devolver o favor: non lle axudara cando el tanto o precisaba e íalle pagar da mesma maneira. Seguiu así ata que lle devolveron a última carta cun selo que poñía “Paradero desconocido”.

O libro ilustra perfectamente as características da ditadura de Hitler: o exterminio sufrido polos xudeos e as consecuencias sufridas polo simple contacto con eles, a agresividade da policía… pero tamén nos mostra a gran esperanza que os alemáns tiñan posto no novo guía para saír das dificultades políticas, económicas e acadar así esplendor e poder internacional.

Datos do libro:
• Título orixinal: Address Unknown
• Autor: Katherine Kressmann Taylor
• Editorial: Bolsillo RBA
• Ano: 1938 na revista norteamericana Story, xuño do 2007 edición de bolsillo
• Tradución: Carmen Aguilar, 2000
• Renovación: Douglas Taylor, 1966

ASND: Cris M.

No hay comentarios:

Publicar un comentario