afroditas

Mi foto
Meira - Pastoriza - Pol, Lugo, Spain
Cuarto da ESO. Ciencias Sociais. Historia. Non vos aburriredes!:)

martes, 10 de noviembre de 2009

Os Reis Católicos


Coñécense como reis católicos a Fernando II de Aragón e a Isabel I de Castela.
Esta parella casouse o 19 de Outubro de 1469.Co seu enlace conseguiuse a unión,na dinastía dos Trastámaras,das coroas de Castela e Aragón.
A Fernando de Aragón concedeulle o título de “rey católico” o Papa Alexandro VI.
Sen embargo,para reinar en Castela,Isabel tivo que vencer á oposición dunha parte importante da nobleza castelá,que se puxeron de parte de Xoana a Beltranexa,o que acabou nun enfrentamento armado.Trala batalla do Touro,as Cortes de Castela proclaman raíña de Castela a Isabel.
O reinado dos reis católicos significou o tránsito do mundo medieval ó mundo moderno en España.
Os reis,apoiados polas cidades e pola pequena nobleza,estableceron unha monarquía forte frente ás apetencias de poder de eclesiásticos e nobles.Coa conquista de Granada,Navarra,Canarias,Melilla e outras plazas africanas conseguiron a unión territorial baixo unha soa coroa .
Estableceron tamén unha política exterior común marcada polo carácter diplomático de Fernando o Católico,que supoñería a hegemonía hispánica en Europa durante os siglos XVI e XVII.O descubrimento de América supuxo un hito na historia mundial.

Política interior
-Unificación territorial: os reis católicos formaron e uniron pola forza España dende Sevilla.A cidade sureña foi o centro de mando dos reis unificadores.
-Conquista de Granada: aproveitaron a crise que vivía este reino para seguir coa súa conquista,iniciada xa anteriormente.Comezouse unha guerra que,finalmente,gañan os reis católicos.A victoria desta guerra significou a aparición dun exército estructurado e profesional,a aportación de grandes recursos económicos e o apaciguamento de certos sectores da nobleza mediante o reparto dos territorios granadinos entre eles.
-Incorporación das illas Canarias: a soberanía do arquipélago canario foille concedida a Castela polo tratado de Alcaçovas,ainda que non se sometería definitivamente á sillas ata a conquista de Tenerife.
Despois disto,conquistouse Navarra.
-Institucións políticas: remodelouse o Consello Real nas Cortes de Toledo,facendoó máis estructurado e dividindoó en partes.
Formouse a Audiencia de Granada.Produxose un aumento na Facenda castelá debido aos impostor.Instituiuse a Santa Irmandade(precursora da actual garda civil),que sería a primeira policía estatal de Europa.
-Política relixiosa: o papa Inocencio VIII concedeulles ós reis católicos o dereito de Patronato sobre Granada e Canarias,o que supoñía o control do Estado nos asuntos religiosos.Unha bula do papa Sixto IV,no 1478 creou a inquisición en Castela,para un control da pureza da fe.En Aragón xa existía e de este modo,a inquisición española foi a única institución común para ambos reinos.Foi moi dura a etapa de Fray Tomás de Torquemada como inquisidor xeneral.
No 1492 expulsase ós xudíos e os musulmáns.O resultado desta limpeza relixiosa foi a creación dun país de relixión cristiá e o comezo da identificación da patria e relixión.
-Economía e sociedade: Castela era a potencia industrial e comercial máis grande da época.A base económica estaba na industria,na agricultura,na gandería lanar e na exportación de materias primas.

Política exterior
A política exterior expansionista levada a cabo pos reis católicos foi posible grazas:
•Á iniciativa diplomática de Fernando II de Aragón.O seu propósito era conseguir os mellares acordos para o seu reino.
•A eficiencia do exército da Coroa ó mando de Gonzalo Fernández de Córdoba,coñecido como o Gran Capitán.
•A gran aportación de recursos económicos procedentes da industria,do comercio da lá e do trigo.
•A política matrimonial dos reis.
Política matrimonial
Esta política inclúe as alianzas polos matrimonios dos seus fillos,que se orxinaron por que se buscaba a alianza con Portugal e a creación dunha coalición oposta a Francia.
A expansión polo mediterráneo:Italia
O exército de Carlos VIII desprazouse ó sur de Italia,destronando a Alfonso II,rei de Nápoles e parente de Fernando o católico.A situación de Francia en Italia non gustou ó papa e pediu axuda ó exército do “Gran Capitán”,que expulsou ós franceses e os rei napolitano recuperou o trono.No 1500 Luis XII,rei de Francia firma con Fernado o católico o tratado de Granada,para ocupar conjuntamente o reino de Nápoles.Ambos exércitos(español e francés) ocuparon a zona.Pronto zurdeen discrepancia a comeza unha loita de guerrillas.O “Gran Capitán” derrota ós franceses e Nápoles é conquistada de novo e pasa a pertencer á coroa de Aragón.
Expansión polo norte de África
A conquista comezou coa toma de Melilla e seguiu en 1505 coa toma de Mazalquivir.A conquista do norte de África interrumpiuse en 1510 debido a reanudación das guerras en Italia e a que empezaba a ser máis rentable dirixir os esforzos a colonización das Indias.
A expansión Atlántica
No 1486 Cristóbal Colón ofreceulles ós reis católicos un proxecto de viaxar ás Indias hacia o oeste,nunca nova ruta polo Atlántico.A expedición foi bastante custosa pero finalmente puidose realizar.O 3 de agosto de 1492 partiu Colón hacia ás Indias.O 12 de outubro chegaron a illa de Guanahaní,a que lle chamaron San Salvador,pasaron por Cuba e pola Española,dando comezo á colonización das Indias occidentais.Nas Indias,anexionadas ó reino de Castela,instauráronse os sistemas administrativos tradicionais do reino castelán.

Sucesión
Fernando enviuvou no 1504,a uns 12 anos da súa morte.No 1506 retirouse do poder de Castela e regresou a Aragón.Logo,as Cortes pedíronlle que ocupase o trono de Castela.Este fixoó ata que o seu neto Carlos I alcanzou a maioría de idade.Morreu no 1516,antes de que Carlos I chegara ó trono español.
Hasta a chegada de este,España estivo rexida por dous bispos,o cardeal Cisneros e o arzobispo de Zaragoza,Alonso de Aragón.

Os restos dos reis católicos repousan nas Capela Real de Granada.





Andrea Ledo

No hay comentarios:

Publicar un comentario