afroditas

Mi foto
Meira - Pastoriza - Pol, Lugo, Spain
Cuarto da ESO. Ciencias Sociais. Historia. Non vos aburriredes!:)

martes, 10 de noviembre de 2009

Les Serment des Horaces (O Xuramento dos Horacios)



Les Serment des Horaces (O Xuramento dos Horacios) é un cadro de Jacques-Louis David, pintado por petición do rei Luis XVI de Francia cara o 1784. Ten unha dimensión de 330 x 425 cm e reside no Museo do Louvre, en París.

Según conta a mitoloxía, houbo unha guerra entre dous grupos de trillizos, os Horacios que defendían ós romanos e os Curiacios, que escudaban á cidade de Alba Longa.
O pobo perdedor, sería escravo do vencedor. Cando deron o sinal, todos correron cara os seus adversarios. Dous Horacios estaban feridos de morte, e o outro, atopábase ileso. Éste, pensou que cos tres Curiacios á vez, non conseguiría gañar, así que comezou a correr. Seguírono os tres homes, pero só chegou ata el o menos ferido, que morreu ó instante e sucedeu o mesmo cos dous restantes. O Horacio proclamouse vencedor e vestiuse coa capa dun dos Curiacios, que era o mozo da súa irmá. Cando ela recoñeceu a vestimenta, comezou a chorar e seu irmán deulle morte.

Esta obra, representa o cumlipento do valor por encima de calquer sentimento, neste caso, a lealtade dos tres irmáns con Roma antes da loita, sempre apoiados por seu pai, que se atopa en fronte deles. Por outra parte, amósanos a desesperación de Camila, a da toga branca, (irmá dos Horacios e casada cun dos Curiacios) e de Sabina, vestida de marrón (irmá dos Curiacios e casada cun Horacio). Tamén aparece unha muller ó fondo que sostén os fillos dun dos Horacios cunha das Curiacios.

Podemos situalo entón na época neoclásica da segunda metade so s. XVIII. Como o seu nome indica, este movemento constitúe un regreso á antigüidade clásica, rexeitando os excesos do Rococó, unha continuación do Barroco que impregnou a outra metade deste século.

As características principais da arte neoclásica e que nos permiten situar este cadro no devandito estilo son:
· inspiración en modelos da mitoloxía clásica e feita con gran idealismo.
· predominio do debuxo por encima da cor e do fondo.
· destacan a sinxeleza de formas e a pureza de liñas.
· o uso de cores frías, en oposición á preferencia de cores claras do estilo anterior.
· só se mostra emoción nas mulleres.
· prentende mostrar sensatez e solemnidade.
· as pinceladas son invisibles, para destacar o cadro por encima do artista.

Outros cadros importantes deste autor son “A morte de Marcat” e “A coronación de Napoleón”.


Asnd: Cris Marey

No hay comentarios:

Publicar un comentario