afroditas

Mi foto
Meira - Pastoriza - Pol, Lugo, Spain
Cuarto da ESO. Ciencias Sociais. Historia. Non vos aburriredes!:)

sábado, 5 de diciembre de 2009

LUTERANISMO

No s. XVI aparecen unha serie de reformas relixiosas posto que propoñen reformas dentro da propia relixión católica. Esto é coñecido co nome de PROTESTANTISMO.
Dentro deste existen tres correntes: Luteranismo, Calvinismo e Anglicanismo.
Os protestantes destas correntes propoñen as reformas na relixión católica para acabar coa corrupción do clero e desterrar a superstición e a ignorancia.
O iniciador desta reforma foi o monxe alemán chamado Martín Lutero; de aí o nome da corrente de Luteranismo.
Agora vou centrarme en Lutero e na corrente que difundiu (Luteranismo); posto que foi a primeira e a máis desenvolvida.



Martín Lutero naceu en Eisleben (Alemania) en 1483. Foi fillo dunha familia campestre e dona dunha mina. Comeza os seus estudos en 1501 en Erfurt coa intención de facerse abogado.
No 1505 tomou unha decisión que cambiaria a súa vida por completo. Decidiu entrar no monasterio Augustino en Erfurt. Esta decisión fixo que a reforma relixiosa da igrexa chegara ó seu punto máis alto.
As experiencias negativas que tivo Lutero cos medios eclesiásticos de gracia obligaron a unha revisión fundamental da teoloxía medieval.
Publicou unha crítica contra o abuso das cartas de indulxencias en 1517. Expuxo 95 tesis que denunciaban os excesos da igrexa católica. Para el o cristianismo encontrábase na comunicación directa de cada persoa con Deus.
Ésta crítica produciu a discusión deseada e a apertura dun tribunal de inquisición rematado na excomulgación de Lutero.
Traduciu a Biblia ó alemán dende 1521 ata o 1534.
En Junio de 1525 casa coa monxa Catarina de Bora. Isto supuxo a ruptura máis evidente cos votos monásticos.
Neste mismo ano sucede unha guerra de campesiños desaprobada por Lutero.
Este promovía a formación dunha igrexa evanxélica territorial por visitacións e regulacións eclesiásticas.
Faleceu en Eisleben no 1546. Foi sepultado na igrexa do castillo en Wittenberg.



Algunhas características da doutrina desta corrente (Luteranismo) difundida por Martín Lutero son:
1.Para os luteranos tan só existen dous sacramentos, o bautismo e a eucaristía. Aínda que eles tiñan outra concepción distinta destes diferente á do catolicismo.
2.En canto as imaxes os luteranos permitenas como medio de ensinanza.
3.Os luteranos teñen unha liturxia parecida á católica, pero con algúns elementos diferentes, en contraposición cos evangélicos que suelen ter un simple acto de adoración e o sermón.
4.Referíndonos as súas vestimentas e costumes os pastores e reverendos poden contraer matrimonio, poden exercer actividades económicas lucrativas a favor propio ou da igrexa. Consérvase unha característica do catolicismo que é que utilizan os líderes espirituais.

Asdo: Alba Fernández

No hay comentarios:

Publicar un comentario