afroditas

Mi foto
Meira - Pastoriza - Pol, Lugo, Spain
Cuarto da ESO. Ciencias Sociais. Historia. Non vos aburriredes!:)

martes, 9 de marzo de 2010

O CARTISMO


O Cartismo foi o primeiro movemento revolucionario independente do proletariado como clase, concretamente foi un movemento de reforma social.
O seu nome procede da “carta do pobo” do 1838, que foi unha reivindicación política ó parlamento inglés coa que reclamaban sufraxio universal masculino e secreto, parlamentos anuais, supresión do censo e dietas para deputados.
Supuxo unha toma de contacto entre as masas obreiras e a acción política co que pretendían conseguir unha transformación social radical.
Entre os seus artífices podesmo citar: Lovett (promulgaba o socialismo mediante a cooperación entre as clases), O’Brien (propoñía o derrocamento do capitalismo pero sen considerar o papel do proletariado), Julian Harney (consideraba o sufraxo universal como medio pero non como fin) ademais de O’Connor (fundou “Nothern Star” un semanario publicado primeiro en Leeds e logo en Londres e convertido no órgano central do movemento)
Esta corrente pasou por tres periodos nos que sucederon acontecementos entre os que podemos salientar:
Mitins, convencións como a dirixida por Lovett, partidos como o dirixido por O’Connor e posteriormente por Jones Harney.
Os mitins e os movementos cartistas foron prohibidos tras o rechazo da ‘Carta do pobo’ no 12 de xullo de 1839 con tan só 46 votos a favor desta por parte do parlamento contra 235 votos que a rexeitaban.
Moitos foron encarcelados e outros reaccionaron prendendo fogo contra os seus inimigos.
Convocaron numerosas folgas pero todas fracasaron.
Máis adiante no 1840 fórmase a ‘liga nacional cartista’ que intentaba reformar o parlamento mediante accións pacíficas mais tamén fracasaron polo que recurriron a unha oleada de folgas uníndose con sindicatos, novamente sen éxito.
Abriuse unha crise na que sucederon as revolución de 1848 en Francia. Os cartistas declaráronse en ‘Asamblea nacional’.
A carta convértese en lei e, así mesmo, instálase o congreso Cartista pero lexos do trunfo ábrese unha época de terror que ten como resultado a imposible reconstrucción do cartismo. Ainda que lograron impulsar a Primeira Internacional (AIT → Asociación Internacional de traballadores) aliándose con Marx e Engels.
O obxetivo desta asociación era destruír o capitalismo. Nela xuntáronse sindicatos de diversos países, partidarios do socialismo e do anarquismo. Os socialistas defendían a idea de que os obreiros formaran partidos políticos, participaran nas
eleccións e dende o poder mellorar a súa situación e os anarquista eran partidarios dun sindicalismo revolucionario para favorecer a transformación social revolucionaria. Pero no 1872 os anarquistas son expulsados desta asociación debido as discusións internas e no 1876 remata totalmente.
Dende o Luddismo, as primeiras Unións ou sindicatos, pasando polo cartismo como primeira expresión de organización política, a clase obreira viviu dúas guerras mundiais, guerras rexionais recurrentes, revolucións e contrarrevolucións. A derrota das revolucións en Francia e Alemaña no 1848 significaron o fin deste movemento.


Bibliografía:




Asdo: Cristina Marey Castro e Alba Fernández Folgueira

No hay comentarios:

Publicar un comentario