afroditas

Mi foto
Meira - Pastoriza - Pol, Lugo, Spain
Cuarto da ESO. Ciencias Sociais. Historia. Non vos aburriredes!:)

martes, 2 de marzo de 2010

O movemento obreiro

O movemento obreiro xurde da Revolución industrial como consecuencia da falta de dereitos que os traballadores tiñan nas fábricas.Iniciouse en Inglaterra.Ao non existir ainda ningún tipo de lexislación que regulase a actividade industrial, os traballadores víanse expostos a xornadas de traballo de máis de 12 horas e os nenos traballaban (que tiñan salarios moito máis inferiores).

As primeiras manifestacións do movemento obreiro plasmáronse no ludismo (destrución de máquinas) ás cales se responsabilizaba a pérdida de capacidades adquisitiva do pequeño artesán. Este termo provén do obreiro inglés Ned Ludd, que en 1779 destruiu un tear mecánico.

Sen embargo,os obreiros déronse conta de que as máquinas no eran as súas inimigas senón que o uso que destas se facía,e foi entón cando ditos obreiros comezaron a dirixir as súas queixas aos empresarios; así naceu o sindicalismo,entendido como un movemento de resistencia contra o capitalisimo.

A reación do goberno inglés foi prohibir calquer tipo de asociación obreira.

Nos primeiros decenios da industrialización prodúxose unha degradación das condicións de vida dos traballadores:


-Aumento da xornada laboral

-Pérdida salarial

-Xeneralización do traballo infantil

-Negación ante a axuda ecónomica para enfermedades


Por todo isto creáronse sindicatos nos que se reunía a xente traballadoras dun mesmo oficio para defender a súa reivindicacións mediante folgas.Constituían sociedades de axuda mutua,as cales dispoñían de caixas comúns con capital provinte das cotas dos asociados.

En 1834 formáronse as Trade Unions ( unión de sindicatos de oficios) nas que as cotas de afiliación para posibles novos socios eran demasiado elevadas.

O sindicalismo británico optou polas reivindicacións económicas sin apegarse a ideais políticos revolucionarios.

Durante as décadas de 1830 e 1840 fundáronse asociacións obreiras nos países de Europa entre os que se atopaban Alemaña,Francia,España e Bélxica.

Nos anos 1838 e 1841 o movemento obreiro británico pasou da acción política utilizando o cartismo (consistiu nun movemento en Inglaterra que tratou de presionar ao parlamento mediante a recollida de firmas en apoio a determinadas cartas onde se reivindicaban certos dereitos.Nunha delas,no 1838,definíase un programa democrático baseado no sufraxio universal masculino.)
O cartismo organizou folgas, pero o movemento fracasou a causa da represión, das divisións internas e da derrota da revolución de 1848 en Europa.

Os obreiros reuníronse en organizacións republicanas e de esquerdas a favor do sufraxio universal masculino. Despois daquela revolución, as doutrinas socialistas empezaron a crear partidos de clase, de carácter exclusivamente obreiro.

Durante o XIX aparece o socialismo, que se caracterizou por unha crítica radical ao sistema capitalista, xa que se consideraba social e económicamente inxusto. As principais causas da movilización socialista foron:

-Medios de produción colectivos

-Ter a clase obreira como protagonistas dos cambios

-Rexitamento do sistema social capitalista inxusto

-Aumento da tarifa no transporte público

-Maltrato ao traballador

-Falta de vacacións

-Malas de condición de traballo


Un dos conceptos máis significativos no que se basou o crecemento do movemento obreiro foi a loita de clases, que supuxo a toma de conciencia dos traballadores pertencentes a unha clase social distinta a dos seus patróns e que, para mellorar a sua situación, a mellor vía é a loita. A folga,demostración de forza dos traballadores que paraliza a produción das fábricas, foi a principal arma obreira en dita loita de clases, por medio da cal os traballadores tratan de convencer aos patróns das suas esixencias.

A raíz das diferencias entre o socialismo e o anarquismo tivo lugar a Primeira Internacional, que supuxo a división da mayor parte do movemento obreiro en marxistas e anarquistas.
Tamén coñecida como Asociación Internacional dos Traballadores (AIT), foi a primeira gran organización que tratou de unir os traballadores dos diferentes países.


Fundada en Londres no 1864, os seus fins eran a organización política do proletariado en Europa e no resto do mundo, examinar os problemas en común e propoñer lineas de acción. As grandes tension que había entre MArx e Bakunin levou a que os partidarios deste último fosen expulsados.
No 1872 a Primeira Internacional transládase a Nova York, disolvéndose oficialmente no ano 1889. Neste mesmo ano establécese a Segunda Internacional que durará até 1916. En 1922 aparece a Asociación Internacional dos Traballadores, organización anarcosindicalista, que pretende recoller o testigo da ala libertaria e que chega ata a actualidade.


O Día Internacional do Traballo celébrase en memoria dos traballadores anarquistas asesinados en Haymarket, en Chicago, tras loitar en reinvidicación da xornada laboral do 40 horas semanales. Ese día, sindicatos e partidos obreiros de todo o mundo celebran mítines e manifestacións.




Inés Fernández, Ángeles Fernández e Andrea Ledo

No hay comentarios:

Publicar un comentario