afroditas

Mi foto
Meira - Pastoriza - Pol, Lugo, Spain
Cuarto da ESO. Ciencias Sociais. Historia. Non vos aburriredes!:)

viernes, 19 de marzo de 2010

VICTORIA I DE REINO UNIDO

A raíña Victoria foi a raíña de Reino Unido e Irlanda e a primeira Emperatriz da India. Reinou durante 64 anos, sendo o seu reinado o máis longo da historia de Gran Bretaña. A Era Victoriana –como se denominou ó seu reinado- estivo caracterizado pola Revolución Industrial e pola gran expansión do Imperio Británico.


Alexandrina Victoria naceu no palacio de Kensington, Londres, o 24 de maio de 1819, era a única filla do Príncipe Eduardo. Cando tiña apenas 8 meses, o seu pai, falece vítima dunha neumonía. Seis días máis tarde morre o seu avó, o rei Jorge III. O seu tío ascende o trono como rei Jorge IV. Victoria ocupaba o terceiro lugar na línea sucesoria, precedida únicamente por dous dos seus tíos. En 1830, morre Jorge IV, colocando a Victoria, de 10 anos , no primeiro lugar da línea sucesoria, xa que anteriormente falecera un dos seus tíos.

En 1835, Victoria coñece, con 16 anos de idade, o seu futuro marido, o príncipe Alberto de Sajonia-Coburgo-Gotha, quen ademáis era seu primo.

O rei Guillermo morre en 1837, sendo sucedido pola princesa Victoria. Como xa tiña cumplido os 18 anos non era necesario que ninguén gobernase por ela.

No momento da sua ascensión o trono, o Goberno estaba controlado polos Whig. O Primeiro Ministro Whig, Lord Melbourne, exerceu dende o comezo unha poderosa influencia sobre a políticamente inexperta soberana, quen acudía a el por consellos e axuda. O goberno de Melbourne non duraría moito tempo xa que se mostraba incapaz de controlar as colonias británcias. En 1839, Lord Melbourne renunciou.

A raíña encomendoulle a Robert Peel a tarea de formar un novo Gabinete, pero pronto entrou en disputas con este debido a Crisis das Damas de Cámara. Moitas das damas de cámara da raíña eran esposas de Whings, e Sir Roberts Peel obligaba que foran reemplazadas por esposas de Tories. Victoria negouse a destituír as damas dos seus cargos, pois chegounas a considerar amigas moi cercanas. Sir Roberts Peel sentía que non podía gobernar baixo as restrincións impostas pola raiña e finalmente renunciou o seu cargo de Primeiro Ministro, deixándolle o camiño libre a Lord Melbourne para retornar o poder.

En 1887, Reino unido celebrou o Jubileo de Oro de Victoria. A raíña celebrou o 2
0 de xuño de 1887, o quincuaxésimo aniversario da súa ascensión o trono, cun banquete. Ainda que ela non podía estar enterada del, había un plan dos combatintes pola liberdade irlandesa que consistía en facer explotar a abadía de Westminster mentras a raíña estivese alí atendendo o servicio de Acción de Gracias. Esta tentativa de asesinato o ser descuberta, foi coñecida como o Complot del Jubileo.

A vida persoal de Victoria estivo marcada entón por varias traxedias persoais, incluíndo a morte do seu fillo Alfredo, a fatal enfermidade da súa filla Victoria e a morte de dous dos seus netos. A súa última aparición pública nunha ceremonia foi en 1899, cando puxo a primeira pedra do novo edificio do South Kensington Museum, que logo foi coñecido como o Victoria and Albert Museum. O último viaxe ke realizou foi a Dublín, en 1900.

Seguindo a costumbre que mantivo a través de toda a súa viudez, Victoria pasou o seu último Nadal en Osborne House na illa de Wight. Morreu alí, nos brazos do seu neto o káiser alemán Guillermo II de Alemania, o 22 de xaneiro de 1901, os 81 anos de idade, logo de ter reinado durante 63 anos, 7 meses e 2 días, máis ca calquer outro monarca británico antes ou despois dela. O funeral celebrouse o 2 de febrero; despois de dous días de luto nacional, foi sepultada no Mausoleo de Frogmore o lado do seu marido.


Bibliografía:
Asnd: Inés Fernández

No hay comentarios:

Publicar un comentario