afroditas

Mi foto
Meira - Pastoriza - Pol, Lugo, Spain
Cuarto da ESO. Ciencias Sociais. Historia. Non vos aburriredes!:)

sábado, 20 de marzo de 2010

EXPLOTACIÓN INFANTIL

Como consecuencia da Revolución Industrial aparecen correntes sociais, políticas e económicas como o Capitalismo e certos acontecementos.

Un destes é a aparición da loita entra a clase burguesa e o proletariado. Esta clase do proletariado caracterízase por seren escravos do traballo xa que intercambiaban a súa forza de traballo por diñeiro para sobrevivir. O poder da burguesía sobre o proletariado deu lugar a que traballaran en condicións infrahumanas, con mínimos salarios, xornadas laborais excesivas entre outros moitos factores nada positivos. Ademáis dáse o que se chama Explotación infantil que se refire ó traballo dos nenos para axudar a manter unha familia. Os nenos recibían, polos traballos que realizaban,salarios máis baixos dos que recibía unha persoa adulta da clase do proletariado.

Este acontecemento aínda permanece hoxe en día e sobre todo en países en vía de desenrolo.

Actualmente, segundo os reportes de UNICEF, ó redor de 246 millóns de nenos e nenas son suxeito da explotación en todo o mundo e en máis da metade en condicións ou situacións de perigo. Ademáis estos tamén nos dan información como que máis de un 70% dos nenos traballan na agricultura. Por outra parte máis de 50 países reclutan a menos de 18 anos e prepáranos para a guerra.

-Consideramos casos de explotación infantil como por exemplo algún dos seguintes:
Aqueles nenos e nenas menores de 16 anos que desenrolan calquera traballo e que este lles afecta ó seu crecemento e ós seus dereitos de disfrutar.
Tamén aqueles que están obrigados a traballar e que despois lles quitan os mínimos beneficios que obteñen.
Todos os menores de idade que son vítimas de tráficos de drogas, armas… , obrigados a prostituírse e a realizar actividades ilegais.
-Podemos salientar traballos que son avaliados como explotación infantil.
Fabricacións de cohetes , soplado de vidro, transporte de vidro incandescente, explotacións mineiras, traballos que empregan produtos químicos como por exemplo os pesticidas da actividade agraria, utilizacións de materias tóxicos como por exemplo en tinturerías, emprego de máquinas pesadas ou perigosas con materiais cortantes e eléctricos, construción de edificacións, todos os traballos relacionados coas armas, traballos domésticos, de plantacións, mendicidade infantil e outros moitos máis que incluso pode que exista algún oculto…
De estes traballos destacan a pornografía, a prostitución e o emprego militar de nenos que van contra a dignidade humana.

En todos estes, os lugares de traballo teñen unha iluminación, ventilación e condicións sanitarias mínimas.

-A explotación infantil é un acto totalmente violento posto que os nenos e nenas que realizan traballos en tan malas condicións, e ademais de recibir tan poucos beneficios, expóñense á ter enfermidades realmente perigosas.
Aínda que as cifras coinciden con case todos os países en vía de desenrolo ou países pobres; os países industrializados vénse implicados neste grande problema social debido a que adquiren produtos que foron feitos por nenos e nenas de países pobres. Outro porqué de que este acontecemento teña lugar nos países industrializados é a constante migratoria, xa que as persoas de países pobres que emigran para sobrevivir en países ricos son marxinados nestes e vense obrigados a traballar para gañar a vida e así inclúense os nenos no traballo.

-As causas actuais de este acto son por exemplo casos de familias de extrema pobreza que carece de condicións necesarias para sobrevivir , marxinación social, multitude de redes que escollen os nenos para sacar adiante os seus propósitos económicos como a mendicidade e prostitución. Tamén outra das causas é a demanda de man de obra barata e dócil.
Algúns traballan por acompañar ós seus amigos.
Tamén por mandato dos seus pais, este é un acto totalmente de conduta irresponsable (soe ocorrer en pais xoves)
Os nenos orfos tamén tende a participar en traballos porque non teñen como sosterse.

-Os danos causados pola explotación infantil nos nenos perxudicados poden ser o impedimento de tempo libre ó que todos os nenos teñen dereito, pode poñer en risco a saúde física e mental deles xa que algúns dos traballos entorpecen o crecemento correcto dos seus corpos. O s nenos que traballan non teñen criterio para tomar decisións e polo tanto sempre están obrigados, acto que vai en contra da lei.

-Un dos obxectivos da ONU dende que se iniciou foi rematar coa explotación infantil. Para isto implantaron unhas idades mínimas para empregarse nun traballo e así reclamar o traballo infantil.
-Tamén a OIT creou un programa para eliminar a explotación infantil e prever o traballo dos nenos en toda nación.

Actualmente existen diversas organizacións na loita contra o traballo infantil en todo o mundo pero trátase dun complexo proxecto posto que é algo que predomina moito e que moitos países e familias pobres non teñen como sobrevivir se non é polo traballo infantil.
Vídeo:

Bibliografía:





Asdo: Alba Fernández Folgueira

No hay comentarios:

Publicar un comentario