afroditas

Mi foto
Meira - Pastoriza - Pol, Lugo, Spain
Cuarto da ESO. Ciencias Sociais. Historia. Non vos aburriredes!:)

miércoles, 16 de diciembre de 2009

A DECADENCIA DO IMPERIO NAPOLEÓNICO


O emperador Napoleón tivo que abandonar España en 1809 a causa da reanudación da guerra por parte de Austria. O archiduque Carlos (irmán do emperador) lanzou en abril unha ofensiva sobre Baviera.
Napoleón mostrou de novo a súa superioridade militar. No mes de abril marchou sobre o rio Danubio e fixo retrodecer ós austríacos cara as súas propias fronteiras.
O 13 de maio entrou en Viena e derrotou o archiduque Carlos.
En Abril do 1810 Napoleón casou coa filla de Francisco I (María Luisa).
Ó ano seguinte naceu o fillo e herdeiro de Napoleón, ó que se lle otorgou o título do rei de Roma. Durante esos anos afirmouse máis o despotismo imperial e foron perdendo aquelas características revolucionarias que estaban nos orixes mesmos do ascenso ó poder de Napoleón.
Os católicos mostraron o seu desacorde coas medidas napoleónicas e organizaron asociacións relixiosas secretas.
O despotismo imperial manifestouse tamén na represión policial contra todos aqueles que podían ser sospeitosos.
A censura que había na época afectou ós periódicos e a policía, que non estaba nas mans dunha sola persoa porque sería demasiado perigoso. Organizouse unha policía particular para cada ministerio e para o mesmo Napoleón. A gran política de expasión e o mantemento dun gran exército esixía un considerable esforzo económico. A produción de riqueza de Francia estaba estimulada pola especulación, polo restablecemento do orde e da seguridade, pola intervención do estado que regulou as relación laborais e pola industria nacional. Sen embargo as dificultades comezaron á aparecer en 1811 a causa da incapacidade do Imperio de abastecer a unha Europa continental aislada do resto do mundo. Nos portos rexistrábase unha paralización do comercio e as redes de comunicación interiores non foron suficientes para manter as correntes de intercambio existentes ata entón.
As queixas contra ó sistema continental facíanse máis intensas nos países do oriente europeo. A dominación napoleónica non só impuxo un réxime económico desventaxoso para todos estos territorios, senon que exercía unha dictadura militar que anulaba as diversas nacionalidades existentes entre eles. Estos sentimentos ían convertirse en revolta contra aquela dominación. Tan só facía falta unha combinación favorable e esa combinación ía facilitala a campaña de Rusia.
O segundo matrimonio de Napoleón con María Luísa de Austria deu lugar a decadencia da amizade franco-austriaca e con ela a aparición dun novo reparto de influencias de Europa.
Os motivos da fricción con Rusia non eran escasos e entre eles podían contarse co asunto do gran ducado alemán de Oldenbourg.
Pero a chispa que fixo saltar o conflicto producirse no gran ducado de Varsovia, o cal Alejandro consideraba como unha amenaza.
O 8 de Abril de 1812, Alejandro ameazou a Napoleón a que retirase todas as súas tropas á orilla esquerda do Elba, pero este, lonxe de facerlle caso preparou un potente exército. Daba comezo así a última e a máis terrible das grandes campañas de Napoleón (conflicto entre Rusia e Francia).
A campaña de Rusia, a pesar do impresionante exército que reuniu naquela ocasión, foi desastrosa para Napoleón. O problema non estaba no exército rival (que non chegaba a metade das tropas francesas), senón nas enormes distancias que as tropas francesas tiveron que recorrer en condicións precarias. O duro inverno daquelas latitudes foi outro factor que xogou contra o exército napoleónico.
Napoleón organizou a campaña de Rusia dividindo o seu exército en tres columnas. A primeira debía marchar sobre Riga (no norte), a segunda debía dirixirse hacia o sur para invadir Ucrania, e a terceira encamiñaría hacia Moscú baixo o mando do propio emperador.
O 14 de septembro entraron franceses en Moscú e foi prácticamente destruida por un enorme incendio.
Napoleón o 19 de outubro temía que se lle botara encima o inverno e ordeou a retirada. A volta foi terrible. Despois de numerosas penalidades, os superviventes chegaban a Vilna.
Napoleón adelantouse ó seu exército para regresar a París ó enterarse de que o xeneral republicano Malet tramou unha conspiración para facerse co poder, facendo correr o rumor da morte do emperador.
Aínda que o golpe fracasou e Malet foi executado, Napoleón quixo averiguar persoalmente cal era a situación na capital de Francia e ata que punto peligrara o trono.
Co desastre de Rusia surxiron por todas partes novos intentos de librarse do imperio napoleónico.
En 1813 o poderoso Napoleón achábase xa nunha fase de caída.
Paradóxicamente, donde con máis forza surxiu ese movemento nacionalista foi en Prusia.
En 1813 Prusia estaba perfectamente preparada para facer frente á caída de Bonaparte. Austria mantíñase expectante para conseguir algunhas ventaxas da situación de Francia.
Suecia, Gran Bretaña e España continuaron coa loita que mantiñan desde facía varios anos.
Así todas as grandes potencias europeas acudían por primeira vez unidas e simultáneamente a rematar definitivamente co imperio napoleónico.
Napoleón sacara forzas para organizar outro novo exército. Pero a moral dos franceses xa non era a mesma e o propio Napoleón mostraba síntomas de cansancio e non tiña a mesma claridade de visión de estratega que tiña nos primeiro anos do Imperio.
A campaña comezou a finales de abril, cando as tropas francesas entraron en Sanjonia. Esta guerra parou un tempo.
En agosto reanudou a guerra e Napoleón obtivo a última das súas grandes victorias en Dresde. Tivo que replegarse ata Leipzig para evitar quedar encerrado e alí librou da “batalla das nacións”.
O último asalto desta guerra contra Napoleón íase desenrolar no chán francés. O único que se precisaba era que os aliados se puxeran de acordo cos obxetivos.
Os aliados (Rusia, Gran Bretaña e Austria) iniciaron a ofensiva o 21 de decembro de 1813 collendo por sorpresa a Napoleón que non agardaba o ataque ata a primavera.
Pero Napoleón nun esforzo de recuperación que sorprendeu ós seus enemigos, consiguiu facerlles frente por separado e deter o seu avance. Os aliados ante ese imprevisto quixeron negociar.
O pobo cansado de unha guerra constante, desexaba a paz. O día 6 de abril, o emperador asinaba a súa renuncia cando en París o Senado instituíra ante os aliados un goberno provisional presidido por Talleyrand ata que chegase o rei Luís XVIII, co que se restaurou a Monarquía dos Borbóns en Francia.
Os vencedores acordaron enviar a Napoleón á illa de Elba.
O tratado de París, asinado o 30 de maio de 1814 obrigaba a Francia a volver as súas fronteiras de 1792. Napoleón aínda tivo que volver a materializar un novo intento de recuperar o poder naquel episodio coñecido como “os 100 días”, remataba todo nun ciclo na historia de Europa que situara todo o continente baixo o poder dun dos personaxes más sobresaintes de todo os século XIX.
O final de Napoleón consiste no desterrado a illa de Santa Helena tras a batalla de Waterloo, por unha alianza de potencias Europeas. Naquela illa morre en 1821.



http://www.youtube.com/watch?v=UZl7ox3nme0



Asdo: Andrea Ledo, Ángeles Fernández e Alba Fernández

2 comentarios:

  1. Noraboa, historiadoras! Encántame o traballo que estades facendo con este blog, co que estou seguro que ides aprender moitísimo.
    Noraboa de novo, moito ánimo, e un abrazo forte.
    Miguel Abraira.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas!
    Tardamos en contestar porque iamos bastante atrasados na materia e non viñeramos a informática.
    Levamos unha alegría moi grande ó ver o teu comentario.
    Esperamos que sigas visitando os nosos blogs.
    Apertas!

    [Á]ngeles, [C]ris, [A]lba, [I]nés e [A]ndrea.

    ResponderEliminar