afroditas

Mi foto
Meira - Pastoriza - Pol, Lugo, Spain
Cuarto da ESO. Ciencias Sociais. Historia. Non vos aburriredes!:)

martes, 15 de diciembre de 2009



George Jacques Danton foi un personaxe relevante na Revolución Francesa. Pertencía ó grupo político dos demócratas, concretamente ós cordeiros, que eran burgueses que oscilan entre posturas máis ou menos exaltadas, é dicir, entre as posturas radicais do grupo dos xacobinos e as posturas moderadas do grupo dos xirondinos.

Naceu en Arcis-sur-Aube, o 26 de outubro de 1759. Perdeu ó seu pai con só tres anos. Comezou estudando nun seminario aínda que posteriormente abandounou a súa carreira eclesiástica.

Fíxose abogado e o seu matrimonio coa filla dun home millonario permitiulle gozar de boas condicións sociais.

Introdúxose na política ó comezo da Revolución Francesa (1789). No 1790, fundou o club dos cordeiros, tamén coñecido como a Sociedade dos dereitos do home e do cidadán. Exiliouse a Gran Bretaña e ó seu regreso a París, a Asamblea Lexislativa nomeouno Ministro de Xustiza. Tamén foi elexido membro da Convención Nacional . Esta elección levouno a ter problemas cos xirondinos, quen o consideraban un radical e un rival perigoso. Aínda que el intentou resolver eses conflitos, non se amañaron ata o 1793 coa caída dos xirondinos.

Participou no Comité da Saúde Pública e aínda que intentou poñer fin á guerra entre Francia e as monarquías europeas, non o conseguiu. Finalmente, Robespierre emerxeu como o máximo representante do Comité.

Aínda que non estivo presente no xuízo contra Luis XVI, votou a favor da súa morte apoiando a Robespierre. Tamén foi partidario da anexión de Bélxica á República.

Ó aparecer outras dificultades debido ós novos grupos políticos e á corrupción, Robespierre chegou á conclusión de que só se conseguiría manter a unidade de goberno eliminando ós radicais e ós indulxentes, incluído entre eles, Danton.

Foi sometido a xuízo e guillotinado o 5 de abril de 1794.

A.S.N.D: Inés e Cris M

No hay comentarios:

Publicar un comentario