afroditas

Mi foto
Meira - Pastoriza - Pol, Lugo, Spain
Cuarto da ESO. Ciencias Sociais. Historia. Non vos aburriredes!:)

miércoles, 7 de abril de 2010

A Balsa da Medusa


A Balsa da Medusa é unha pintura romántica do francés Théodore Garicault. Atópase no museo do Louvre en París e a técnica utilizada é oleo sobre lenzo.

Este cadro fai referencia ao naufraxio do barco francés “A Medusa”, na costa occidental

en 1816.

Estes feitos son reais, pois foi un dos feitos que máis conmocionou a toda Francia naquela época.

Pero o feito conmocionou pola historia que ten detrás, e dicir, as causas do naufraxio.

A historia conta que durante o traxecto do barco cara as costas da colonia francesa de St.Louis (Senegal), o barco queda varado nun banco de área a máis de 50 millas da costa. A carencia de botes salvavidas suficientes para toda a tripulación e o pasaxe, obrigan a construir unha enorme balsa que se sobrecarga con 149 persoas que xa non cabían nos botes. Entón sucede que, a instancias das autoridades civís e os pasaxeiros de alta alcurnia que se atopaban abordo dos botes, o capitán ordena cortar os cabos que unían a balsa ós botes abandonando a balsa á súa sorte, deixando a deriva a 149 tripulantes.

Dúas semanas despois, a balsa é localizada por un navío francés. Só quedaban abordo 15 persoas vivas en condicións deplorables. Posteriormente os supervivintes do naufraxio acusaron de abandono ós aristócratas que compoñían a oficialidade, podendo ademais relatar a traumática experiencia que supuxo permanecer preto de 15 días nunha balsa improvisada, tendo que recorrer ao canibalismo para poder sobrevivir. Debido á presión popular e á conmoción que supuxo este drama para a sociedade francesa, Luís XVIII viuse obrigado a instigar un xuízo militar contra o capitán de “ A Medusa”.

O naufraxio de “A Medusa” supuxo un auténtico choque para opinión francesa, de maneira que a obra ha de ser situadaa dentro do escenario político, pois o escándalo que supuxo o abandono á súa sorte de gran parte da tripulación polo egoísmo da oficialidade aristocrática, chegaría ata o extremo de converterse nun símbolo de denuncia da corrupción borbónica.

En canto á composición do cadro, na obra pode apreciarse unha estructuración claramente piramidal, así como diagonalé establecida por un dos lados do triángulo.

Na cúspide da pirámide e extremo da diagonal está o punto de ánimo máis intenso, no que se ve a un home axitando con vigor un trapo co obxectivo de facer sinais cara un suposto barco que creen avistar no horizonte. No lado contrario da diagonal, atópase o estado de ánimo oposto, podendo apreciarse unha figura embellecida con xesto desanimado e con total ausencia de esperanza, rodeado polos cadáveres dos seus compañeiros.

Este home está sostendo entre os seus brazos ao seu fillo morto, e é a única figura que parece mirar ao espectador. Ademais o autor rodeao dun manto de rechamante cor vermella, co obxectivo de que sexa a primeira figura á que prestemos atención.

Tamén hai que destacar a situación dos elementos secundarios da composición, pois o autor sitúa a esta pequena balsa ateigada de xente entre inmensas olas, e forza ao espectador a buscar o barco que os naúfragos creen divisar. Así pois, a esperanza móstrase incerta e afastada, e antagónicamente, móstranse unhas olas ameazadoras e próximas, que se distinguen con total claridade, e que veñen representar a crúa realidade.

Outro detalle a ter moi en conta será o rudimentario velamen da balsa, pois vén a sinalar a dirección do vento, que sopra en contra da balsa, separándoa do suposto barco que os tripulantes creen ver. Pese a iso, o mozo situado no extremo superior da pirámide comba o seu corpo en contra do vento, opoñéndoselle.

Hai que destacar que, como obra modelo do Romanticismo, ten un predominio da cor sobre o debuxo. Ademais, mostra un realismo macabro na escena, deleitándose na anatomía resaltada dos naúfragos, e compoñendo a base de liñas en zig-zag e espirais.

Este cadro garda unha serie de curiosidades que chaman a atención, que son estas:


- Delacroix pousaría para a obra, pois era amigo do autor

- A obsesión polo realismo levaría a Gericault a amontoar cadáveres no seu estudio para poder plasmar a morte do xeito máis fidedigno posible.

- A exposición do lienzo foi prohibida en Francia no seu día e tivo que expoñerse en Londres.

- Foi a obra máis representativa de Gericault.



Andrea Ledo Folgueira

No hay comentarios:

Publicar un comentario