afroditas

Mi foto
Meira - Pastoriza - Pol, Lugo, Spain
Cuarto da ESO. Ciencias Sociais. Historia. Non vos aburriredes!:)

martes, 20 de abril de 2010

AS CATARATAS VICTORIA


As Cataratas Victoria están situadas entre Zambia e Zimbabwe e forman parte do río Zambeze. Destaca delas o extraño abismo no que cae a auga, que permite ver a caída a simple vista e que fai que as augas caian en forma de zigzag.


Foron descubertas polo escocés David Livingstone, explorador que no 1855 nomeounas desta maneira en nome a raíña Victoria I de Inglaterra, pois na zona coñécense como Mosi-oa-Tunya (fume que trona).


As súas medidas oscilan entre 1,7 de ancho e 108m de alto abarcando unha área protexida de 8.780 ha.


O cambio de estación fai variar as súas características.


O seu tamaño supera dúas veces as cataratas de Horseshoe e case doblan as do Niágara. En cambio as do Iguazú de Sudamérica non son tan inferiores a estas como as nomeadas anteriormente.


Forma parte dos parques nacionais de Mosi-oa-Tunya de Zambia e das Cataratas Victoria de Zimbabwe e están declaradas patrimonio da humanidade dende o ano 1989 pola UNESCO. Ademais a partir deste mesmo ano estarán integradas dentro da Área de Conservación Kavango-Zambeze.


Na época de menos caudal fórmase unha piscina natural ao bordo das cataratas na que se pode nadar de forma segura debido ós baixos niveis de auga e que permite a contemplación desta marabilla. A este curioso lugar chámaselle “A piscina do diaño” (Devil’s Pool).



Vídeo das cataratas Victoria:




Bibliografía:





Asd: Andrea Ledo, Inés Fdez, Cristina Marey, Ángeles Fdez e Alba Fdez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario